ConcellosÚltima hora

O incendio de Chandrexa chega ás 300 hectáreas

Tamén continúan activos os do Burgo (Castro Caldelas) e Infesta (Monterrei)

 

 

Continúa activo o incendio que se iniciaba ás 19:34 h. de onte na parroquia de Queixa, no concello ourensán de Chandrexa de Queixa. Segundo as novas estimacións difundidas pola Consellería do Medio Rural afecta xa a unha superficie dunhas 300 hectáreas. No seu control traballan 3 axentes, 4 brigadas, 6 helicópteros e 2 avións.

 

O incendio de Chandrexa ás seis da tarde.

 

Ademais tamén activos os lumes de Castro Caldelas e de Monrerrei. Así no caso do da parroquia do Burgo (Castro Caldelas), que comezaba onte ás 18:27h., a superficie afectada é de arredor de 250 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 24 brigadas, 14 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

E no de Monterrei, parroquia de Infesta, van ardidas unhas 350 hectáreas. No seu control levan traballado 17 axentes, 34 brigadas, 19 motobombas, 3 pas, 11 helicópteros e 4 avións. A Consellería de Medio Rural informaba, pasadas as cinco e media da tarde, de que o incendio estabilizouse.

Artigos relacionados

Back to top button