ConcellosTrivesÚltima hora

Incendio forestal en Barrio (A Pobra de Trives)

 

Ás 21:44h. deste domingo iniciábase un incendio forestal na parroquia de Barrio, no concello da Pobra de Trives. Nestes momentos están a traballar nos seus labores de extinción 3 axentes, 4 brigadas e 4 motobombas, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

En canto se teñan máis datos ampliarase información.

Artigos relacionados

Back to top button