Nesta tarde declarábase un incendio forestal na zona de Carracedo da Serra, no concello da Gudiña, xusto ao pé das vías do tren. Ata o lugar trasladábanse 17 bombeiros forestais e dous helicópteros do Brif de Laza, dende onde destacaban a “dobre dificultade” nos labores de extinción pola proximidade coas vías ferroviarias.
Fotos: Brif Laza.