ConcellosÚltima hora

Incendio forestal en Casaio

Comezaba ás 8:40h. da mañá e quedaba extinguido ás 17:10 h. tras afectar a 36 hectáreas

En pleno mes de decembro o lume no monte volve ser protagonista. Na mañá do 28 de decembro a Consellería do Medio Rural informaba dun incendio forestal activo rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio.

O lume comezou ás 08:40 horas da mañá  e, tras quedar controlado a primeira hora da tarde, ás 17:10 quedaba extinguido. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 36 hectáreas, das cales 0,5 son arboradas e o resto monte raso. Na súa extinción participaron 2 axentes, 2 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

Artigos relacionados

Back to top button