OurenseÚltima hora

Incendio forestal en Fitoiro (Chandrexa de Queixa)

Publicidade
Outro lume forestal, que afecta dende onte ao Parque Natural do Xurés en Lobeira, permanece controlado

Ás 12h. desta mañá iniciábase un incendio forestal no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Fitoiro, que quedaba controlado ás 17:25h. desta tarde. Afecta a unha superficie de 25 hectáreas, das cales 2 son de arborado e 23 de monte raso, segundo as primeiras estimacións feitas públicas dende a Consellería do Medio Rural. Na súa extinción traballan 2 axentes, 10 brigadas, 2 motobombas e 4 helicópteros.

Lobeira

Ademais está controlado desde as 13:07 h. deste mediodía o incendio rexistrado no municipio de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño, tras comezar onte ás 23:49 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada provisional é de 25 hectáreas de monte raso no parque natural do Xurés. “Lembramos que esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada”, segundo a consellería. No lugar traballan 3 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

 

Artigos relacionados

Back to top button