A RúaConcellosÚltima hora

Incendio forestal na Rúa

 

As chamas volvían hoxe a Valdeorras, dando un bo susto, nesta ocasión na Rúa, na ladeira entre a N-120 e a estrada comarcal, na saída dirección Vilamartín, onde na mañá deste martes 16 de agosto se producía un incendio forestal que arestora xa está extinguido, grazas á rápida intervención dos medios.

Na súa extinción participaron bombeiros forestais, bombeiros do Ges Valdeorras, Protección Civil da Rúa, Garda Civil de Tráfico, Policia Local e persoal laboral do Concello da Rúa.

Pouco despois o lume prendía do outro lado da estrada nacional pero novamente os medios presentes lograban apagalo, axudados tamén pola chuvia.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button