Na madrugada deste mércores 18 de setembro producíase un incendio urbano na Rúa.
O lume iniciábase en torno ás 6:30 horas na Casa Grande de Fontei, sen ter que lamentar danos persoais. No operativo interviron os bombeiros do parque comarcal, o GES Valdeorras, a Garda Civil e Protección Civil da Rúa.
Segundo informan dende o 112 o incendio unicamente afectaba a unha habitación, ardendo algo de material (unha mesiña, roupa,…) sen maiores danos por sorte.