Na tarde deste martes 2 de abril, pouco antes das 15 horas, producíase un incendio na cheminea dunha casa en Córgomo, no concello de Vilamartín de Valdeorras.
O lume orixinámase nunha cociña de leña que ardía así como a cheminea e unha parte do tellado, sen ter que lamentar danos persoas, só materiais.
Ata o lugar acudían os bombeiros do parque comarcal, o GES Valdeorras, Protección Civil de Vilamartín e a Garda Civil.
Fotos cedidas