Na tarde deste xoves 9 de xaneiro, producíase un incendio na cheminea obstruída dunha vivenda en Rubiá que era sufocado polos servizos de emerxecia sen ter que lamentar danos persoais.
O aviso saltaba no 112 Galicia pasadas as seis e media e ata o lugar dos feitos, na rúa Baicela, desprazábanse membros do GES Valdeorras e dos bombeiros do parque comarcal, “ambos servizos baixo mínimos”, aseguran.
Os labores de extinción remataban en torno ás oito e media.