Na tarde deste domingo 4 de decembro, pasadas as 19 horas, os servizos de emerxencia recibían o aviso dun incendio urbano no Barco de Valdeorras, concretamente na cheminea dunha vivenda na Avenida do Bierzo.
Ata o lugar dos feitos desprazábanse os GES Valdeorras, a Policía Local do Barco e os Bombeiros do parque comarcal que pronto controlaban o incendio.