ConcellosO BarcoÚltima hora

Incendio nun garaxe da rúa Caleras do Barco

 

Contra as dez da noite do mércores 19 de abril producíase un incendio nun inmoble situado na rúa Caleras do Barco, segundo informaba o 112 Galicia. O suceso sorprendía aos veciños da zona, algúns dos cales baixaban a rúa e seguían con preocupación a evolución dos labores de extinción.

Segundo indican dende o 112 o incendio tiña lugar nun garaxe e botou a perder un vehículo e outras pertenzas. “Non houbo persoas feridas, aínda que o dono do vehículo si inhalou fume cando trataba de retirar o coche e poñelo salvo. Con todo, e malia a insistencia, rexeitou a asistencia médica”, aseguran.

Da extinción do lume, ocupáronse os Bombeiros de Valdeorras e os membros do GES. Tamén contaron coa colaboración dos axentes da Garda Civil e con voluntarios de Protección Civil do Barco, da Rúa e de Vilamartín de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button