ConcellosÚltima hora

Incendio nun garaxe do Barco

Ás 15:33h. da tarde deste 2 de abril producíase un incendio nun garaxe, situado na rúa da Ribeira no Barco de Valdeorras, que provocaba danos no seu interior, se ben non resultaba ferida ningunha persoa, tal e como informa o 112 Galicia, que era alertado do lume pola chamada dun particular.

“Decontado, dende o CIAE informouse da situación aos Bombeiros de Valdeorras, a Protección Civil, á Policía Local e ao GES de Valdeorras”, indica o 112 Galicia. Parece ser que no interior do garaxe “almacenábase gasóleo, madeira, plásticos e diverso material combustible que dificultou os labores de extinción do lume”.

Dende o 112 Galicia tamén aseguran que “neste momento, o incendio atópase controlado. Os servizos de emerxencia encárganse, agora, de baixar a temperatura e retirar os cascallos da zona afectada”.

Artigos relacionados

Back to top button