ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Incendio nunha casa no municipio de Viana do Bolo

 

 

Na noitiña do venres 4 de marzo producíase un incendio nunha vivenda en Santa Mariña da Ponte, no concello de Viana do Bolo. Tal como informan dende o 112 Galicia, era un particular quen, en torno ás 21:30 horas da pasada noite, chamaba a emerxencias para informar dun lume que “comezou no teitume da estrutura e acabou por devorar a casa”, aseguran, aínda que por sorte non houbo que lamentar danos persoais.

 

 

Os xestores do 112 pasaron aviso aos membros do GES da Veiga e da Gudiña, sen embargo, unha vez alí “os equipos de intervención comprobaron que eran incapaces de avanzar debido ás características do terreo e ás dimensións dos seus camións, polo que tiveron que botar man de medios máis pequenos aos que facilitarlles auga na distancia e tratar de apagar o lume, pedindo colaboración aos efectivos de Protección Civil de Vilariño de Conso e de Viana do Bolo”, din dende o 112.

Por se fose necesaria a súa colaboración, desde o 112 informaban do suceso ao Distrito de Incendios Forestais da zona. De momento, descoñécense as causas do incendio.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button