A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Inchábeis e pista de patinaxe no pavillón municipal da Rúa ata o 7 de xaneiro

 

Dende onte (2 de xaneiro) e ata o día 7, o pavillón municipal Vitorino Núñez da Rúa é un parque infantil para os máis pequenos da casa.

En horario de 11 a 13:30 e de 16 a 20 horas, a excepción do día 6 que será unicamente de tarde, e con entrada de balde, os cativos poderán desfrutar dos diferentes inchábeis alí instalados ademais da exitosa pista de xeo.

 

 

O bar está estes días atendido polas tardes por membros do Rúa Valdeorras Fútsal, podendo merendar no pavillón. Ademais de bebidas (café, auga, refrescos, chocolate), hai sandwiches quentes (xamón york e queixo), bocadillos fríos (chourizo, salchichón, nocilla,…) snacks e biscoitos. “E hoxe a maiores do que servimos habitualmente temos pincho de tortilla doada por Bar Coxita”.

 

O bar está atendido por membros do Rúa Valdeorras Futsal.

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button