CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

‘Indomable’ presenta no Café Teatro Bajo 5 do Barco o seu segundo álbum

O concerto, enmarcado na xira de 'El Eterno Telonero', será hoxe a partir das 23:30 horas

Indomable.

 

Nova cita coa música en directo no Café Teatro Bajo 5, no Barco de Valdeorras. Na noite deste vernes 28 de abril, a partir das 23:30 horas, subirase ao escenario do local o músico ourensán Arturo Rodríguez, para presentar, en formato íntimo e en solitario, o segundo disco do seu proxecto ‘Indomable’ que leva por título El eterno telonero.

Tal como el mesmo explica, trátase dun disco cercano ao folklore e á música popular con poso rock. “Temas personais, de distancias curtas, sen grandes artificios nin maquillaxe e con letras directas, descriptivas e de alto contido histórico e nostálxico”. Para el son “as cancións do sofá” porque é xustamente de onde veñen (posiblemente tamén cara onde vaian) formando parte dun sobrio traballo con multitude de influencias e forxado en viaxes con guitarras vellas.

 

Artigos relacionados

Back to top button