En portadaÚltima hora

Inédita Romaría da Ermida (Quiroga), sen Meco nin Pampórnigas

A procesión, unicamente formada polo sacerdorte e polas veciñas que portan á Virxe dos Remedios, percorría a localidade este 8 de setembro

 

Por primeira vez, dende que se ten referencias, nun 8 de setembro o Meco e as Pampórnigas non percorren as rúas da Ermida (Quiroga). Neste martes esta localidade celebraba unha das xornadas principais da súa tradicional romaría na honra da Virxe dos Remedios.

A partir das 13h. a imaxe saía en procesión dende o templo, pero unicamente acompañada polo sacerdote e polas veciñas encargadas de portala, todas elas vestidas co traxe tradicional galego. Despois, regresaba ao adro onde se celebraba a misa, ao aire libre, cunha reducida asistencia de fieis (algúns deles ofrecidos) e gardando de maneira estrita as medidas de seguridade fronte ao Covid.

 

 

É a primeira vez que se vive a Romaría da Ermida sen a presenza das figuras ancestrais do Meco e das Pampórnigas, sen embargo, a situación sanitaria actual non lle deixaba outra saída á organización. Tampouco haberá ningún outro tipo de actos festivos.

A procesión e a misa na honra da Virxe dos Remedios, celebráranse tamén na xornada de mañá 9 de setembro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button