SanidadeÚltima hora

Inician a súa carreira profesional 33 novos especialistas formados en Ourense

Por vez primeira desde o inicio da pandemia se pode celebrar o acto de despedida de xeito conxunto e presencial

 

Por vez primeira desde o inicio da pandemia, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras despedíu nun acto presencial, sen quendas nin limitación de aforo, aos novos especialistas formados nas súas unidades docentes. Son trinta e tres novos facultativos que remataron estes días a súa residencia en medicina, psicoloxía, análises clínicos e farmacia e que comezan agora a súa carreira profesional.

Todos e todas elas superaron unha dura etapa de aprendizaxe, na que a declaración da pandemia veu a alterar a súa rutina formativa e circuítos de traballo, e na que o seu esforzo foi fundamental.

Como ven sendo habitual, con once novos especialistas Medicina Familiar e Comunitaria é grupo máis numeroso de post graduados, unha disciplina esencial para o noso servizo público de saúde, xa que son o núcleo da Atención Primaria, cun importante déficit neste intre.

Por especialidades, graduanse dous nas especialidades de Psiquiatría, Anestesia e Reanimación, Medicina Interna e Pediatría, e un en : Obstetricia e Xinecoloxía, Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica, Medicina Intensiva, Neumoloxía, Hematoloxía e Hemoterapia, Oncoloxía Médica, Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, Medicina Preventiva, Radioloxía e Radiodiagnóstico, Aparello Dixestivo, Nefroloxía, Farmacia Hospitalaria, Análises Clínicas e Psicoloxía.

Traballando en primeira liña

Os e as residentes que agora rematan, contribuiron desde os seus servizos ou formando parte dos dispositivos que se abriron para loitar contra a pandemia, como o servizo de atención telefónica ESCAH, na atención as residencias integradas de Os Miragres e Piñor, ou organizando respostas innovadoras a esta crise, como co envio a domicilio de medicación organizado desde Farmacia, o telefono de atención de Pediatría, de Xinecoloxía; no seguemento proactivo deste atención primaria…

Unha vez mais, desde a Dirección da Área Sanitaria de Ourense deséxase facer público o seu agradecemento ao masivo compromiso e dispoñibilidade, así como do conxunto de todos os e as residentes en formación, que continúan a prestar un servizo imprescindible nestes días, con dedicación e espírito solidario.

De dous a cinco anos de “residencia”
Dende 1977, data da Orde Ministerial que institucionalizou a nivel nacional a vía MIR, a Comisión de Docencia de Ourense, leva mais de corenta anos formando especialistas dun xeito continuado, aumentando progresivamente a súa acreditación para impartir formación en novas especialidades, na actualidade vintetres.

A duración da etapa de formación dos residentes depende da especialidade elixida. Así a duración do período formativo dos especialistas en enfermería oscila entre os dous e os tres anos, e no resto de varía entre os catro e os cinco anos, sendo este último o que se corresponde coas especialidades cirúrxicas, medicina interna, intensiva e oncoloxía médica.

A apertura do acto de clausura do curso correu a cargo do xerente Félix Rubial, sendo o Dr. Alfonso Otero, o recén xubilado xefe do Servizo de Nefroloxía, durante os últimos corenta anos, o encargado de impartir a conferencia maxistral, que versou sobre “A formación MIR e os fins da medicina”. Seguidamente participaron o representante dos residentes, Francisco José Toja, novo Farmaceútico Hospitalario, xunto co presidente da Comisión de Docencia, Jesús García Mata, e a xefa de estudos de Medicina Familiar e Comunitaria, Sandra Pardo e a directora de Procesos Asistenciais, Mar Vázquez.

Como xa ven sendo unha tradición os novos especialistas recibiron un alfinete de prata “Unha ponte cara á saúde” peza única deseñada polo escultor ourensán Manuel García “Buciños”.

Artigos relacionados

Back to top button