ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Inícianse na comarca de Verín unha serie de charlas sobre axudas para rehabilitar vivendas

A delegada da Xunta en Ourense sinalaba que se pretende “facilitar a información, colaboración e asesoramento necesario para tramitar eficazmente as subvencións convocadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo”

 

Co obxectivo de facilitar información e asesoramento para a tramitación dos diferentes programas de axudas exitentes en Galicia para a rehabilitación de vivenda vanse celebrar na provincia de Ourense unha serie de xornadas informativas. A primeira delas tiña lugar na comarca de Verín. En concreto, impartíase en Monterrei na tarde do 16 de abril, coa presenza da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz.

A delegada explicaba que o obxectivo destas charlas informativas é “facilitar a información, colaboración e asesoramento necesario para tramitar eficazmente as subvencións convocadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo”. Nesta xornada explicábanse os diferentes tipos de axudas destinadas tanto a particulares como a concellos.

Os programas de axuda e fomento da rehabilitación suman un investimento de case 40 millóns de euros nos orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para 2018, e atenden criterios variados que van desde accesibilidade ata a sustentabilidade ou a mellora da calidade e conservación das construcións existentes.

Díaz Mouteira estaba acompañada pola xefa territorial, Alicia López Míguez, e por persoal técnico do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Defendeu os beneficios das axudas en materia de rehabilitación de vivenda, xa que non só impactan de forma moi positiva na mellora das contornas urbanas, senón que axudan a xerar emprego e riqueza de cara a fixar poboación.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button