EconomíaEconomíaÚltima hora

“Iniciativas como esta mostra da Veiga son importantes para dar a coñecer a zona e para coñecernos entre os gandeiros”

Javier Cotado, da Gandería Cotado de Requeixo (A Veiga), era un dos participantes na III Exposición Agrogandeira Crianza Trevinca

 

 

Entre os gandeiros que participaban na III Exposición Agrogandeira Crianza Trevinca, que tiña lugar nesta fin de semana na Veiga, estaba Javier Cotado. É membro dunha explotación familiar de bovino, a Gandería Cotado, situada en Requeixo (A Veiga) e posúe unhas 86 cabezas de gando.

“Este é o segundo ano que participo, con gandería bovina, de raza limousine, trouxen 11 exemplares, entre eles xatas de mai, xatas de recría, sementais e xatos”, explicaba. Ademais Javier destacaba a importancia de que se organicen iniciativas ligadas ao gando como esta exposición. “Parécenos un gran labor que fan para dar a coñecer a zona, pero tamén para coñecernos entre os gandeiros e penso que é importante que a xente participe, é unha gran iniciativa”.

 

 

A gandería é unha das principais fontes de ingresos de Javier, que tamén traballa noutra empresa familiar de madeira. Complementa ambas actividades, a agrogandeira e a forestal.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button