CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Inicio de curso con moitas novidades no Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa

 

Uns días antes que outros anos previos á pandemia e todos a un tempo. Así decretaba a Xunta o inicio do curso escolar 2022/2023 que se realizaba na mañá deste xoves 8 de setembro.

Un regreso ás aulas que no caso do Pablo VI-Fátima da Rúa presentaba moitas novidades, sendo a máis evidente o cambio de dirección. De feito era o novo diector, José Fernández de Abajo, quen daba a benvida aos alumnos no Salón de actos, falando entre outros temas do lema para este curso: “Construímos soños de paz”.

De forma ordenada e por cursos, primeiro entraban os da ESO e Bacharelato e de seguido os de Infantil e Primaria, dirixíndose cada grupo á súa aula acompañados polos correspondentes titores.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button