Antes das nove da mañá deste 10 de setembro xa empezaban a entrar no recinto escolar os primeiros alumnos do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, con mascarilla gardando todas as medidas de seguridade fronte ao Covid e tras pasar o correspondente control de temperatura por parte do profesorado, que tamén lle botaba xel nas mans.
Os primeiros en entrar, un a un, a clase eran os alumnos de 3-4 anos e tamén os de 1-2-3 de primaria.