CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Inicio de curso escalonado no IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives

 

Escalonado e cumprindo coas medidas de seguridade vixentes polo Covid-19, comezaban na mañá deste mércores 15 de setembro as actividade lectivas no IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives, cunha presentación xeral no salón de actos e posterior reunión cos titores na aula de grupo. “Os alumnos de ESO, Bacharelato e FP Básica xa tiveron clases desde ás 11:30 horas en horario xeral do curso; os de FP entraron máis tarde ás presentacións xerais e cos titores”, puntualiza o director do instituto trivés, Francisco García.

Os primeiros en entrar á presentación eran os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO; despois facíano os de 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e Formación Profesional Básica; e por último entraban os alumnos de Ciclos Formativos de Grao medio e superior.

Xa dende hoxe, hai servizo de transporte escolar no horario habitual, con chegada ao centro ás 8:15 horas e recollida do alumnado ás 14 horas.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button