OurenseÚltima hora

Instalación da nova zona de saída do campo de remo no encoro de Castrelo de Miño

Visita de Manuel Baltar ás instalacións do novo pantalán de Castrelo.

 

Na xormada deste mércores 27 de xullo o presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitaba as obras da instalación da zona de saída do campo de remo do encoro de Castrelo de Miño. Esta infraestrutura está financiada polo goberno provincial e é imprescindible para acoller regatas internacionais coma a Coupe de la Jeunesse, que se celebrará nestas augas entre o 5 e o 7 de agosto.

Manuel Baltar estivo acompañado nesta visita polo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, a directora da Área de Infraestruturas da Deputación, Marta Docampo, o coordinador técnico da Federación Española de Remo, Felipe García e o técnico do Club Náutico de Castrelo Gabriel Fernández, ademais do traballador da Deputación Ramón Bravo e da empresa concesionaria das obras.

O presidente da Deputación destacou que esta obra é “un novo compromiso da Deputación con Castrelo de Miño, cos deportes náuticos e coa nosa estratexia, fundamental, de avanzar na consolidación do ecosistema deportivo de Ourense e as potencialidades do turismo deportivo”.

Despois da supervisión destas obras en Castrelo de Miño, o presidente do goberno provincial volveu a lembrar que “os froitos do traballo de moitos anos vese agora, con fitos de primeirísimo nivel coma a Coupe de la Jeunesse, con centos de deportistas e adestradores das mellores seleccións do mundo que coñecerán Ourense xunto a técnicos e familiares. É evidente a repercusión económica, turística e de visibilidade que supón para o noso territorio”. “O deporte de alta competición ten un aliado en Ourense”, completa Manuel Baltar, “apoiado na aposta da Deputación, a nosa capacidade organizativa -vital para a celebración da Coupe de la Jeunesse- e a chegada da Alta Velocidade, que supón un plus de diferenciación que estamos impulsando e rendibilizando a través de eventos como este”.

A zona de saída que está rematándose de construír estes días consta cun pantalán flotante -de dous metros útiles de ancho entre bordas e 100 metros de lonxitude-, unha pasarela flotante para unir o pantalán de saída coa caseta do xuíz aliñador, oito “fingers”, unha “star tower” e unha instalación semafórica e soportes para a numeracións de calles.

 

Artigos relacionados

Back to top button