Nestes días algunhas das integrantes da Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) facían unha recolleita de material de axuda humanitaria para enviar a Ucraína, sumándose deste xeito á campaña promovida dende o Concello a primeiros de marzo.
O material reunido, que se xuntaba na Casa do Pobo, era entregado esta mañá na Casa Consistorial de Vilamartín. O alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, agradecía esta mañá a colaboración veciñal e indicaba que se realizou un primeiro envío e estase preparando outro.
Fotos: Carlos G. Hervella.