BaloncestoDeportesÚltima hora

Intensa fin de semana para o MV Barco no pavillón de Calabagueiros

 

Nin máis nin menos que oito partidos de baloncesto disputaba esta fin de semana o MV Barco no pavillón de Calabagueiros no Barco, nas diferentes categorías.

Na xornada do sábado 10 de novembro xogaban os alevíns e os benxamín vermello e benxamín azul, contra Celanova, Mestre Vide e Guillerme Brown, respectivamente, aínda que nestas categorías o resultado é o de menos, de feito non hai marcador visible ao público. Tamén xogaba o equipo cadete feminino que vencía 56-36 ao Maside; e o cadete masculino que perdía 26-74 ante o Val de Lemos.

 

 

Na xornada do domingo 11 de novembro era o turno do equipo infantil mixto que vencía 57-30 ao ABO; do júnior feminino que vencía 52-41 ao COB; e do júnior masculino que tamén vencía, 56-37 ao BBALL.

As imaxes corresponden aos partidos dos equipos  infantil e dos júnior feminino e masculino.

 

 

Fotos: Lois Prada.

Artigos relacionados

Back to top button