Con 13 anos de experiencia no sector, “Intensive” é unha empresa 100% ourensá adicada ao mundo da formación de inglés para empresas e administracións públicas que traballa por toda Galicia e con clientes de toda España, que neste 2023 decidía abrir unha nova vía dirixida á ensinanza de nenos, “Intensive Kids”, cuxa sede estará no Barco de Valdeorras.
“Intensive Kids” é unha academia de idiomas na que tamén impartirán clases de francés, alemán e portugués aínda que “o 88% vai dirixido ao inglés”, din dende a empresa, destacando que maioritariamente adícanse á formar neste idioma para o mundo das empresas “por iso para nós tamén é novidoso abrir unha rama de formación para nenos”, aseguran. Unha iniciativa coa que están moi contentos polo elevado número de matrículas que xa teñen antes de empezar o curso.
Aínda que na sede do Barco se centrarán basicamente nos cativos, tamén terán abertas as vias de sempre da empresa que é formación para profesionais do sector turístico e comercial. “Tamén nos adicamos aos servizos de tradución e interpretación para empresas (licitacións, documentos xurados, misións comerciais,…)”, puntualizan, asegurando que a empresa é galega, os profesores son de diferentes partes (Canadá, EE.UU., España,…).
“Intensive Kids” abrirá as portas o vindeiro luns 2 de outubro con horario de tarde (de luns a venres) para os nenos e basicamente de mañá para as empresas.