CD RúaCD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

Intenso derbi CD Rúa-CD Trives pasado por auga no Vicente Solarat Maceda

Co 2-1 remataba o partido disputado na tarde deste mércores 8 de decembro

 

Os afeccionados ao fútbol tiñan ganas de derbi. Por iso nin o frío nin a intensa chuvia caída na tarde deste mércores 8 de decembro, impedían aos afeccionados asistir ao campo Vicente Solarat Maceda para desfrutar dun intenso partido entre o CD Rúa e o CD Trives.

Tras 45 minutos de contacto, cun toma e daca entre os dous conxuntos, eran os triveses os que se adiantaban no marcador co gol de Brando no 47′ ata que o penalti transformado por Lora no minuto 53 poñía o empate a uns. O partido seguí,  con ocasións para ámbolos dous equipos ata que no minuto 90, rozando xa o desconto, Cotarelo poñía o 2-1 para o Rúa.

 

 

Con este resultado os rapaces de Javier Ferrer suman tres novos puntos subindo ata o segundo posto da clasificación en Segunda Galicia, con 16 puntos e un partido menos (ata o momento non teñen ningunha derrota). O seguinte encontro será outro derbi, desta volta no campo das Carrelas, contra o CD Viana (cuarto clasificado).

Os de David Pérez pola súa banda, levan unha vitoria, tres empates e dúas derrotas en sete xornadas, situándose no décimo posto. O seguinte encontro será en casa ante o Parada do Sil.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button