DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Intenso partido en Calabagueiros entre o CD Barco e o Vilalbés

1-2 remataba o encontro disputado na tarde do 20 de novembro entre o 2º e o 3º clasificado da terceira división

Segundo contra terceiro. O partido correspondente á xornada 14ª en terceira división, a disputar no campo de fútbol de Calabagueiros prometía, e non defraudou.

Dun lado do campo barquense, o Vilalbés chegaba a Valdeorras dende a segunda posición da táboa, con 8 vitorias, 2 empates e 3 derrotas. Do outro lado do terreo de xogo, o Centro de Deportes Barco afrontaba o encontro dende a terceira posición tras sete xornadas sen perder. E durante os noventa minutos do partido, ámbolos dous equipos deron o mellor de si diante de numerosa afición.

Os de Javi Rey plantáronlle cara aos de Vilalba e incluso se adiantaban no marcador grazas ao gol de Ballesteros no minuto 31, unha vantaxe que duraba pouco co empate dos visitantes no minuto 43. Xa na segunda parte do encontro os dous equipos tiveron varias oportunidades pero eran os lucenses os que finalmente marcaban o segundo tanto que sentenciaba o encontro. Con esta derrota, os do Barco baixan ata o sétimo posto da clasificación, a só dous puntos do terceiro clasificado, o Cerceda.

E mentres os xogadores loitaban no campo por sumar os puntos que finalmente foron para Vilalba, a afección animaba dende as bancadas, disfrutando asemade dunha boa merenda a base de chourizo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button