Participaban estudantes de 3º e 4º de ESO, que visitaban a Casa Museo de Rosalía de Castro, entre outros lugares
Os alumnos de 3º e 4º de ESO do IES Cosme López Rodríguez da Rúa veñen de participar nun intercambio cos estudantes do IES Faro das Lúas, de Vilanova de Arousa (Pontevedra).
No decurso desta actividade visitaron a Casa Museo de Rosalía de Castro, e o Xardín Botánico, en Padrón. Posteriormente, achegáronse a Santiago para visitar o Museo do Pobo Galego, onde participaron nunha actividade didáctica, ler poemas e percorrer algúns dos lugares máis representativos da cidade.
Foto cedida.