Moi activa foi para os voluntarios de Protección Civil da Rúa a noite do martes 9 de agosto. En teoría a súa función debería terse limitado a controlar e velar pola seguridade no desenvolvemento das Xornadas de Folclore, no campo do Aguillón, pero finalmente realizaban outras dúas intervencións.
Recollían un can perdido e cunha ferida na cabeza; e ao rematar o folklore ían eliminar un niño de vepa velutina que parecía pequeno pero estaba nun burato dunha caseta no campo de tiro con arco.
Dende Protección Civil solicitan que se alguén recoñece o can, se poña en contacto con eles no 661 828 002.

Fotos: Protección Civil da Rúa.