OurenseÚltima hora

Invertiranse 24.000 euros en actuacións para evitar episodios de contaminación no río Barbaña

Decidiuse onte, día 8 de xullo, nunha reunión entre a Subdelegación do Goberno de Ourense e a Comisión de seguimento do Barbaña, á que tamén asistiu o presidente da CHMS

 

Durante a reunión.

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, asistiu no día de onte, día 8 de xullo, a unha reunión da Comisión de seguimento da problemática do río Barbaña, convocada polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso.

A esta cita tamén asistiron Luis Menor e Manuel Pedro, alcaldes de Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas, respectivamente, e os presidentes dos polígonos industriais de San Cibrao dsa Viñas, Pereiro de Aguiar e Barreiros, así como tres membros do colectivo ecoloxista Ríos Limpos. Nela concretouse unha inversión de máis de 24.000 euros para paliar os recorrentes episodios de contaminación que sofre este río.

 

De esquerda a dereita. Luis Menor, alcalde de Pereiro de Aguiar; José Antonio Quiroga, presidente da CHMS; Emilio González, subdelegado do Goberno; e Manuel Pedro, alcalde e San Cibrao das Viñas.

 

Así, despois de obter toda a información necesaria, diseñouse un proxecto o cal xa se está redactando para a súa construción. Este consiste na substitución ou nova construción de 3,3km de colectores de augas fecais e 16,5km de colectores de augas pluviais. Ademais, o proxecto tamén supón o acondicionamento de 19 puntos de vertido de augas pluviais e a adaptación da Estación depuradora de augas residuais (EDAR) existente para conseguir tratar as augas residuais industriais sen xerar ningún vertido non depurado ao medio acuático.

A superficie afectada ascende a máis 340 hectáreas e o subdelegado do Goberno, Emilio González chama á colaboración e implicación de todas as Administracións e á concienciación social. Ademais, concreta que “o tecido empresarial é clave para evitar os episodios recorrentes de contaminación ao río Barbaña”.

Texto: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button