ConcellosÚltima hora

Investigados dous xoves como presuntos autores do apuñalamento acontecido na Rúa

 

A Garda Civil vén de informar sobre as investigacións relativas a “un delito de lesións por ferida con arma branca” producidas na Rúa a un varón de 37 anos e veciño de Lugo.

Tal como indican, dende a Comandancia da Garda Civil da Rúa “produciuse a detención dun dos autores, de 19 anos de idade”, procedendo ademais “á toma de declaración en calidade de investigado a outro xove como presunto coautor do delito de lesións, ao quedar demostrada a súa participación nas agresións que en conxunto co anterior citado, realizaron, culminando o segundo a agresión asestándolle á vítima unha puñalada no brazo”.

O caso foi remitido ao Xulgado número 2 do Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button