ConcellosÚltima horaVilamartín

Investíganse as causas do descarrilamento do tren de mercadorías en Vilamartín

Esta madrugada quedaba restablecida a circulación ferroviaria coa limitación de velocidade no tramo entre Vilamartín e A Rúa a 30 km/h

 

Ata Vilamartín de Valdeorras desprazábase esta mañá o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González. Alí destacaba o traballo realizado por Adif, tras o descarrilamento que se producía o pasado mércores, e o esforzo por retirar e protexer as vías para recuperar a máxima normalidade o antes posible. Tamén falaba da “pronta actuación e a coordinación entre Adif e o Concello para garantir a seguridade de tódolos cidadáns e restablecer con normalidade a circulación tanto ferroviaria como viaria”. Dende esta madrugada, restableceuse a circulación por parte de ADIF coa limitación de velocidade no tramo Vilamartín de Valdeorras e A Rúa a 30km/h.

“Todos os procedementos e estamentos están en marcha para recuperar e esclarecer os feitos do accidente que tivo lugar en Vilamartín de Valdeorras. Os residuos que puideron derramarse xa están en mans de empresas especializadas”, indicaba o subdelegado do Goberno.

Na súa visita ata o lugar do accidente, Emilio González, estivo acompañado polo xefe de operacións de Adif na provincia, Luis Palacios, e polo alcalde da vila, Enrique Álvarez.

O pasado mércores 23 de agosto, catro vagóns cisterna dun tren de mercadorías descarrilaban parcialmente no km 305.600 da vía férrea Coruña-León con término en Vilamartín de Valdeorras, Ourense. O tren tranportaba mercadorías perigosas como peróxido de hidróxxeno, hidróxico sódico e argón líquido.

 

Artigos relacionados

Back to top button