A VeigaConcellosÚltima hora

Investígase a aparición de varios animais mortos, entre eles un lobo, en Valdín (A Veiga)

Publicidade
Cadáver do lobo ibérico atopado./ Cedida.

 

O Servizo de Protección da Natureza da Comandancia da Garda Civil de Ourense, tomou declaración en calidade de investigado a F. S. G, de 67 anos de idade veciño da Coruña, como presunto autor dun delito contra a fauna (furtivismo).

O Seprona tivo coñecemento o pasado mes de outubro, da aparición de varios animais mortos no Tecor de Valdín, no termo municipal da Veiga. Entre os cadáveres localizouse un espécime de lobo ibérico, especie catalogada de interese comunitario pola Directiva 92/43CEE.

Tras realizar varias investigacións, localizouse un cebadeiro, onde estaban colocadas cámaras de fototrampeo para ver as diferentes especies de fauna salvaxe que había no lugar, para posteriormente darlle morte.

O Seprona instrúe dilixencias que son entregadas no Xulgado de Instrución número dous do Barco de Valdeorras, e tramita denuncias administrativas en materia de caza que son remitidas á Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button