O GREIM participaba hoxe no recate dun can que caera dende o Miradoiro de Vilouxe, en Nogueira de Ramuín. No operativo os membros do Grupo de Rescate e Intervención en Montaña da Garda Civil descendían ata dar co animal, de pequenas dimensións e xunto cos compañeiros do SEPRONA de Trives “ascendíano de novo ata o miradoiro onde estaban os donos que sefixeron cargo del”, explican dende a Garda Civil.



