Ourense

Ioga urbano e actividades acuáticas para os meses do verán

A Concellería de Xuventude activa o prazo de inscrición do programa Embárcate, para dinamizar o lecer da mocidade
Cartel das actividades de verán do programa Embárcate.
Cartel das actividades de verán do programa Embárcate.

O Concello de Ourense, a través do departamento de Xuventude, activou onte o prazo da inscrición do programa Embárcate 2016. Trátase dunha alternativa de lecer estival para a mocidade da cidade. Así, durante os meses de xullo e agosto, os xoves poderán gozar de actividades deportivas acuáticas e relacionadas coa natureza e o patrimonio etnográfico-cultural ou a conservación do medio ambiente.

Entre as actividades suxeridas a través deste programa, Embárcate ofrece sesións de ioga e pilates, relaxación e meditación no parque do Barbaña e na zona do Tinteiro.

Tamén haberá momento para actividades de aventuras como barranquismo ou rafting en augas bravas. Realizaranse en Arbo o 23 de xullo. E o 9 de agosto prográmase un paseo polo Miño en kaiak, dende Castelo de Miño até o Balneario de Laias.

As actividades son gratuítas e asignarase praza por orde de inscrición na Omix de Ourense ou a través do enderezo electrónico xuventude@ourense.es.

Artigos relacionados

Back to top button