ConcellosÚltima hora

Irene Dacal, concelleira barquense de Comercio, renuncia ao cargo por “motivos persoais”

Irene Dacal, na rolda da prensa na que anunciaba a súa demisión como edil barquense de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo.

 

En rolda de prensa e xunto ao alcalde do Barco, Alfredo García, Irene Dacal, concelleira de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo, anunciaba esta mañá que renuncia ao seu cargo por “motivos persoais” xa que prevé trasladar a súa residencia a Arcade (Pontevedra), onde vive a súa familia. Ten pensado presentar a súa renuncia no vindeiro pleno ordinario, convocado para o vindeiro 4 de xuño.

A edil recoñece que foi unha decisión que lle resultou “moi complicado tomar” e á que lle leva dando voltas dende o mes de febreiro, cando falecía o seu pai, que tamén estaba no Barco. Son xa case 30 anos os que Dacal leva vivindo na vila valdeorresa e é concelleira socialista dende hai 9 anos.

O alcalde do Barco, Alfredo García, destacaba o labor de Irene Dacal, con proxectos en materia de turismo pendentes aínda de presengar, e aseguraba que “a botaremos moito de menos, porque era ademais a concelleira que estaba todas as mañás no Concello e disposta a botar unha man cando un concelleiro necesitaba algo”.

Artigos relacionados

Back to top button