CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Iris Acevedo (CD Rúa), convocada pola Selección Galega Sub15 Feminina

Iris Acevedi./ Foto: CD Rúa.

 

A base do CD Rúa segue dando alegrías. Unha das súas xogadoras infantís, Iris Acevedo, foi convocada pola Selección Galega Sub15 Feminina.

Iris deberá presentarse para o adestramento mañá, mércores 8 de novembro ás cinco da tarde no campo da Braña, na localidade coruñesa de Rois.

Non é a primeira vez que esta xove futbolista está convocada pola selección galega. O ano pasado participaba coa Sub12, no XXIX Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas de Fútbol 8, categoría alevín, disputado en Madrid.

Artigos relacionados

Back to top button