DeportesÚltima hora

IX Piragüaina Chandrexa de Queixa, o 19 de agosto

Imaxe dunha edición anterior da Piragüaina./ Cedida.

 

O Club Montañismo Trives organizará o 19 de agosto unha nova edición da Piragüaina Chandrexa de Queixa. O seu programa comezará ás 10h. con iniciación ao piragüismo, ás 10:30h. farase a ruta polo encoro. Despois da actividade, ás 14h. os participantes compartirán un xantar: unha gran paellada no Restaurante de Cardiego. E entre as 15:30h. e as 18h. haberá libre disposición de piraguas.

As persoas itneresadas en participar poderán anotarse ata o 14 de agosto no correo electrónico do club.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button