ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A IX Ruta dos Fornos de Celavente, en imaxes

Unhas 600 persoas participaban na festa turístico-gastronómica polos fornos e fontes da localidade bolesa

Superando todas as expectativas e atraídas pola oferta (gastronomía, paisaxe, deporte, patrimonio,…) e polo bo tempo, unhas 600 persoas participaban na IX edición da Ruta dos Fornos de Celavente que pechaba o mes de abril.

O sábado día 30, pasada a unha e cuarto da tarde, arrancaba a cita nesta aldea do concello do Bolo. E facíao coa lectura do pregón a cargo do convidado de honra, o actor, director e productor ourensán Rubén Riós. Tampouco faltaron as coplas de Juan Corzo que cada ano escribe sobre os pobos, as xentes e os costumes do municipio.

E tralas intervencións e coas pertinentes indicacións por parte da organización, a charanga Compostela marcaba o comezo do percorrido polos seis fornos comunais nos que os camiñantes ían repoñendo forzas conforme ían cegando ata completar o 4,400 quilómetros da ruta. Chourizo asado e viño no Forno de O Viduedo; Empanada e viño no Forno de Os Ortos; Orella, morro, lacón cocido e viño no Forno de Outeiro; Crema de castañas e viño na Adega de A Capilla; Xamón asado e viño no Forno de O Fondo; Torta de roxóns e licores no Forno de O Campo; e Roscón e licores no Forno de O Cima.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button