AutomobilismoDeportesÚltima hora

Jacobo Senín e López Fombona, protagonistas na primeira xornada da Subida a Vilar de Barrio

 

A Subida a Vilar de Barrio celebraba este sábado a súa primeira xornada de competición. E na tamén primeira edición da súa historia tivo dous protagonistas que, a bo seguro, mañá domingo volverán repetir e brindar un emocionante espectáculo aos numerosos afeccionados presentes no trazado que une a localidade limiana coa comarca de Monterrei.

E é que os espectaculares vehículos presentes na cita ofreceron unha xornada de automobilismo de máximo nivel, destacando os tempos marcados pola barqueta Nova NPOl de Jacobo Senín e o portentoso Audi RS 5 DTM de José Antonio López-Fombona que marcaron os mellores cronos encabezando así a clasificación xeral provisional Senín, distanciando en 22,504 segundos a López Fombona.

Terceiro en discordia sitúase Jorge Pérez cun Porsche 911 GT3 Cup. A cuarta praza é para o Fórmula Outeda de Jonathan Abadín e a quinta para Bernardino Lorenzo cun Forwin 01.

Artigos relacionados

Back to top button