DeportesFútbolÚltima hora

Javier Rey será o adestrador da SD Ponferradina na tempada 24/25

A súa chegada ao club branquiazul farase efectiva o vindeiro 1 de xullo

O técnico ourensán Javier Rey./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A SD Ponferradina vén de pechar un acordo co técnico ourensán Javi Rey para que se encargue de dirixir ao equipo na nova tempada 24/25. “A súa chegada ao club branquiazul farase efectiva o próximo 1 de xullo recalando no Toralín tras completar un exitoso ciclo no CD Arenteiro”, din dende a Ponferradina.

Javi Rey estreouse como técnico no SD Melias e desenvolveu a primeira etapa da súa carreira en diversos clubs da Primeira Autonómica e a Terceira División de Galicia, cunha vinculación especial co CD Barco, equipo valdeorrés no que estivo á fronte en tres etapas distintas. A última delas concluíu en novembro de 2022, cando foi recrutado polo CD Arenteiro para competir en Segunda RFEF. Ese primeiro curso no club do Carballiño terminou de forma exitosa, co ascenso a Primeira RFEF.

Na estrea na nova categoría, Javi Rey dirixiu ao CD Arenteiro nunha brillante tempada, na que o equipo permaneceu na zona alta da clasificación e mantivo as opcións de entrar no play off de ascenso ata a recta final da competición. “Agora unirase á SD Ponferradina para comandar un novo proxecto deportivo en Primeira RFEF”.

Artigos relacionados

Back to top button