EconomíaEconomíaÚltima hora

Jesús Quintá García repite á fronte do consello regulador da IXP Castaña de Galicia

Constitución do novo pleno do consello regulador da indicación xeográfica protexida (IXP) Castaña de Galicia.

 

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu hoxe a constitución do novo pleno do consello regulador da indicación xeográfica protexida (IXP) Castaña de Galicia, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.

Así, este novo pleno quedou conformado por 3 vogais tanto para Unións Agrarias como para a Asociación Agraria de Galicia, no caso da produción; mentres no sector industrial a candidatura única correspondente á Candidatura Independente Procesadores de Castaña de Galicia queda con 6 vogais.

Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron por unanimidade que a presidencia do consello regulador a asuma Jesús Quintá García -quen repite no cargo- e que a vicepresidencia sexa para María Páez Pérez.

Durante a semana tamén quedarán constituídos os novos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas (IXP) Carnes de Vacún de Galicia e Pataca de Galicia; así como as denominacións de orixe de Ribeira Sacra, Monterrei, Rías Baixas e Valdeorras. Por último, tamén se constituirá o novo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button