
O Fluvial Barco remataba unha intensa fin de semana deportiva, e chea de podios, cun novo título en Lugo. O K2 sénior valdeorrés formado por Jesús Rodríguez León e Miguel Fernández Castañón impoñíase con rotundidade no Descenso do Miño, que se disputaba na tarde 16 de maio.
Os padexeiros completaban o percorrido, duns 18.000 m, cunha marca de 1:11:56,71. En segundo lugar clasificábase o K2 de Carlos Pedreira e Antonio Polo (Piragüismo As Pontes), sendo terceiro o de Adrián Jubón e Samuel Quiroga.