Sen repetirse a entrada do ‘partido dos nenos’ era numeroso o público que na tarde deste domingo 13 de abril asistía no Día do Socio, ao partido no campo municipal de Calabagueiros entre o CD Barco e o Cented Academy. Tampouco foi o mellor partido para os de Lino Estévez que sumaban os tres puntos en xogo grazas ao gol in extremis de Rogerio.




Nunha soleada tarde, e tras amosar o seu apoio a Asilival portando unha pancarta, ambos equipos comezaban o partido dispostos a sumar. O Barco para manter o liderato e acercarse un pouco máis ao ascenso directo; e o Cended para afastarse dos postos de perigo, pero ningún dos dous era quen de marcar ata que no minuto 90, rozando xa o desconto, Rogerio marcaba para os locais poñendo a bancada en pé.



Con este resultado, o CD Barco suma 62 puntos a seis do segundo clasificado, o Celtiga FC. O seguinte partido será no campo do Portonovo, 8º clasificado.



Fotos: Carlos G. Hervella.



