CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Os goles de Óscar Martín e Javi Pazos dan a vitoria ao CD Barco en Calabagueiros

Vencía 2-1 ao CD Choco no partido disputado na tarde deste domingo 2 de febreiro

 

Cunha importante vitoria en casa comezaba o CD Barco o mes de febreiro. Na tarde deste domingo día 2 os rapaces de Lino Estévez sumaban tres novos puntos no partido disputado no campo municipal de Calabagueiros, que comezaba co minuto de silencio polo recente falecemento dun dos seus, Nicolás Núñez Oviedo, membro de varias directivas e tamén pesidente do club vermello.

 

 

Sobre o terreo de xogo, e trala mostra de respecto, pasaría a primeira parte do partido sen goles, tendo que esperar ata o minuto 75 para que Óscar Martín adiantase aos locais. Pouco despois, no 81′ Javi Pazos poñía o 2-0 e rozando xa o final, no minuto 90, marcaban os de Redondela, aínda que o resultado xa non se movería.

Con este resultado o CD Barco mantense no segundo posto da clasificación na Preferente Futgal sur a só dous puntos do líder, o Celtiga.

 

 

A de hoxe era tamén o elixido como ‘medio día do club’ con prezos populares, no que a afección era convidada a caldo durante o descanso.

 

 

Fotos: Julio Quintas.

Artigos relacionados

Back to top button