EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Joaquín Parra cata os viños do Ribeiro para a guía online Wine Up

Realizaba unha cata a cegas na sede desta denominación de orixe na que puntuaba 47 referencias, entre brancos e tintos
O presidente da DO Ribeiro, co catador Joaquín Parra./ Foto: CRDO Ribeiro.

Ata a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, en Ribadavia, desprazábase na mañá do 8 de outubro o catador da guía de viños Wine Up, Joaquín Parra, para puntuar as referencias desta zona produtiva de cara á nova edición da súa publicación online. Alí era recibido polo presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares.

Para facía unha cata a cegas e nela valoraba 47 referencias, entre brancos e tintos. Entre hoxe e mañá estará visitando a zona, aproveitando así a súa viaxe profesional.

Na guía de viños e destilados dixital Wine Up están referenciados, catados e puntuados preto de 1.000 viños de toda a xeografía española. Joaquín Para, o seu autor, asegura que non trata de facer a guía con máis viño, senon de facela cos mellores viños.

Artigos relacionados

Back to top button