CulturaCulturaÚltima hora

Turismo de Galicia pon a disposición dos usuarios da rede pública de albergues do Xacobeo unha guía de boas prácticas

 

Turismo de Galicia, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, vén de colaborar na edición dunha guía que leva por título ‘Boas Prácticas de Inclusividade para os xestores dos Camiños de Santiago’ no que participa xunto con outras entidades de España, Francia e Portugal. Este manual está a disposición do persoal da Rede Pública de Albergues do Xacobeo coa fin de que “poida consultala e favorecer así a inclusividade e a accesibilidade do Camiño”.

Guía ten como finalidade ofrecer directrices claras e prácticas que axuden a xestores, administracións públicas e outros actores clave dos Camiños de Santiago a crear contornas máis inclusivas e accesibles para todos. Nela abórdanse, entre outros aspectos, a accesibilidade física, informativa e comunicativa, mediante o uso de ferramentas como a lectura fácil, pictogramas ou sistemas alternativos de comunicación, promovendo o deseño universal e o uso de criterios como os DALCO (Deambulación, Aprehensión, Localización, Comunicación) para garantir que todas as persoas poidan gozar da peregrinación en igualdade de condicións.

A meta desta colaboración entre os distintos socios do proxecto europeo ULTREIA-SUDOE, é trazar unha estratexia transnacional que poida ser compartida por todos os Camiños.

 

Artigos relacionados

Back to top button