EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Jorge De Álvarez: “Con este desfile quixen deixar a pegada galega en Madrid”

O deseñador vianés rompe moldes na capital ao presentar a súa colección 'Empty Noise' ante a prensa, estilistas e celebridades

Jorge cos modelos que desfilaron en Madrid.

 

Tal como anunciara tras presentar algúns dos seus últimos deseños na Mostra do Encaixe de Camariñas, o modisto vianés Jorge De Álvarez, vén de desfilar por primeira vez en Madrid. E facíao por todo o alto no hotel Savoy Alfonso XII da Cadea Petit Palace onde presentaba ‘Empty Noise’, a súa última colección inspirada na guerra interna de cada persoa que vístese para combater día a día unha guerra que non é visible como a ansiedade ou a identidade de xénero.

Trátase dunha colección formada por 14 looks que se luciron pola pasarela con modelos masculinos e femininos e que non deixaron indiferentes a ningún dos asistentes ao desfile e onde predominaron os tons negros, azul noite, grises e vermellos.

 

Jorge De Álvarez.

 

Esta colección outono/inverno 2022/23 é unha mostra máis de que a marca Jorge De Álvarez ten máis forza que nunca. Destacaron algún looks como o que levo un dos modelos masculinos e que se asemella ao uniforme dun aviador ou o conxunto que pechou o desfile, que destacaba pola súa toureira con detalles nas costas, estes foron algún dos máis aclamados polos asistentes.

Aínda que a colección ao completo rompeu moldes e os aplausos do público non se fixeron esperar. “Con este desfile quixen deixar a pegada galega en Madrid” aseguraba o deseñador “para min é un orgullo presentar esta colección e ver que gustou tanto”, dixo.

 

 

Nesta ocasión en deseñador contou con produtos galegos que degustaron os asistentes como os embutidos Valce e os viños de Viña Corzo.

Fotos: @kristenwiccephotographer

Artigos relacionados

Back to top button