EconomíaEconomíaÚltima hora

Jorge De Álvarez viste a Agoney, un dos canditatos para representar a España en Eurovisión 2023

O cantante elixiu un deseño da última colección do modisto vianés para a súa presentación como un dos 18 participantes no Benidorm Fest 2023

 

Como bos “eurofans” Jorge Álvarez e os seus amigos xa tiñan feita as súas apostas para a vindeira edición do Benidorm Fest (preselección española para o Festival de Eurovisión 2023), sendo Agoney o elixido polo modisto vianés. “Gústame como canta e apostei por el”, conta Jorge, recoñecendo que non esperaba o que viu na presentación dos 18 participantes no Benidorm Fest 2023 que se celebrará no mes de febreiro. O propio Agoney elixira un dos deseños da última colección de Jorge De Álvarez para a rolda de prensa en RTVE Play e a web oficial de Eurovisión.

 

Agoney co deseño de Jorge De Álvarez.

 

“Leve unha grata sorpresa porque non sabía nada e a verdade é que lle quedaba ben”, di Jorge, adiantando que o cantante elixiu roupa súa para algún outro evento polo que está moi contento, traballando xa a tope en novos proxectos que empezarán a verse xa en fin de ano.

No Benidorm Fest 2022 Jorge De Álvarez triunfou xunto a Tanxugueiras e pode que este ano o volva facer… O primeiro paso xa está dado.

 

Artigos relacionados

Back to top button